DeportesÚltima hora

Nace o club de montaña “O Trisquel de Trevinca”

Pretende promocionar os diferentes aspectos deportivos do montañismo e protexer o rico patrimonio natural desta zona ourensá

 

Membros da directiva do novo club de montaña O Trisquel de Trevinca./ Foto cedida polo club.
Membros da directiva do novo club de montaña O Trisquel de Trevinca./ Foto cedida polo club.

 

A defensa e mantemento do patrimonio natural e cultural de Trevinca-A Veiga, tanto material como inmaterial (mitos, lendas, etc.) é un dos motivos principais polos que vén de crearse o novo club de montaña O Trisquel de Trevinca. Esta entidade, que nacía hai apenas uns días na Veiga, conta cunha directiva formada por tres socios fundadores: Antonio Fernández “Cholo” (presidente), Marcos Pérez (secretario) e José M. Pérez (tesoureiro).

Outra das razóns polas que se decidían a poñer en marcha esta entidade deportiva é a “promoción e difusión dos valores medioambientais e deportivos de Trevinca, e sempre, dando prioridade as razóns medioambientais sobre as deportivas”. Asemade inciden na importancia da “obtención da licenza federativa como imprescindible seguro de accidentes en montaña, tanto a nivel particular como á hora de participar en actividades da Federación Galega de Montañismo”.

A nova directiva presentaba tamén o logotipo do club, no que sobresaen “os tres principais cumes do macizo, Pena Trevinca-Cima de Galicia, Pena Negra e Pena Surbia repousando sobre a bandeira de Galicia como símbolo da nosa terra e Comunidade Autonómica”.

 

Logotipo do club.
Logotipo do club.

As persoas interesadas en colaborar ou formar parte desta nova entidade poden obter máis información na web: www.otrisquel.com dentro da súa sección de actividades.

Artigos relacionados

Back to top button