OurenseÚltima hora

Nace o Foro Liceo, un espazo para o debate na cidade de Ourense

Asociacións de empresarios, médicos, arquitectos e comerciantes, entre outros, conforman este colectivo
Asistentes ao acto fundacional no Liceo de Ourense.

Un total de doce agrupacións (asociacións e colectivos) conforman o Foro Liceo, un novo espazo de traballo e debate fundado na tarde do 26 de novembro en Ourense. Os seus impulsores argumentan para a súa creación, “o constante afastamento de Ourense das provincias da costa galega, significando só en 11% do PIB autonómico, despoboándose, envellecendo e cuns ratios de renta e esforzo fiscal dos seus cidadáns que é necesario revertir”.

Así pois, a finalidade deste espazo de debate é “facer reaccionar á cidadanía, que a situación non ten por qué ser así e que as administracións públicas non poden seguir proxectando e presupostando ano tras ano infraestruturas que non se materializan, con consignacións que non se gastan”, din dende o recén creado foro, facendo fincapé en que as infraestruturas, viarias, ferroviarias, sanitarias e culturais “teñen retrasos decenais” polo que “é necesario facer un tratamento singular coa nosa provincia de todas as administracións para crear un espazo especial, similar ao tratamento insular, para evitar a despoboación e paliar o envellecemento. Un tratamento especial fiscal, en servizos, en inmigración, en vivienda, etc e especialmente en infraestruturas”.

O Foro Liceo, que nace baixo o lema “E Ourense tamén”, terá a sede no Liceo de Ourense proximamente ampliaranse a máis colexios profesionais e asociacións cívicas para reunirse periodicamente e tratar asuntos específicos. De momento as asociacións que o compoñen son: o Liceo de Ourense, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Asociación de Xoves Empresarios de Ourense, Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense, Asociación de Propietarios de Fincas Urbanas, Colexio de Economistas de Ourense, Federación de Comercio de Ourense, Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense, Federación de Librerías de Galicia, Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao, Colexio de Abogados de Ourense e Centro Comercial Aberto Ourense.

No acto inaugural asinouse a acta fundacional e, posteriormente, participaron no primer debate os representantes de algunhas das entidades asinantes: Lois Babarro (Asociación de Xoves Empresarios de Ourense) Beatriz Gómez (Federación de Comercio de Ourense), Xabier Casares (Liceo de Ourense), Alberto de Paula (Colexio de Arquitectos de Galicia), José Luis Jiménez (Colexio de Médicos de Ourense) y Elías Mera (Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao).

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button