ConcellosÚltima hora

Nace o proxecto transfronteirizo “A Raia Termal”

Aposta polo termalismo e a protección dos espazos fluviais de Miño e Limia e terá un investimento de 2,5 millóns de euros

 

Acto de sinatura do protocolo do proxecto "A Raia Termal".
Acto de sinatura do protocolo do proxecto “A Raia Termal”.

Espazos naturais, termalismo e actividade económica ligada ao turismo. Son as bases do  proxecto transfronteirizo “A Raia Termal”, promovido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente –a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS)– e pola Deputación de Ourense.

Para poder levalo adiante, na mañá do 30 de marzo asinábase un  protocolo de colaboración no Balneario Ríocaldo de Lobios. O acto estivo presidido polo delegado del Gobierno en Galicia, Santiago Villanueva, e nel o  documento foi rubricado polo presidente da CHMS, Francisco Marín, polo presidente da Deputación, polos rexidores de Bande, Cortegada, Lobios e Muíños , José Antonio Armada, Avelino Luis de Francisco, Mª del Carmen Yáñez e Plácido Álvarez, respectivamente, así como polos representantes das Cámaras Municipais portuguesas de Melgaço e Terras do Bouro, Maria José Nóvoas de Pinho Codesso (vicepresidenta) e Joaquim José Cracel (presidente).

A obxectivo deste proxecto é pór en valor os espazos naturais e fomentar o turismo termal nacional e internacional de calidade nos ámbitos relacionados co ocio, a saúde e o patrimonio, favorecendo con iso a actividade económica das poboacións limítrofes de Ourense e do Norte de Portugal, segundo se indica dende o Ministerio. Para iso desenvolvéranse diversas accións “encamiñadas á  protección e conservación de los espazos naturais fronteirizos do Miño e do Sil, así como á mellora da calidade ambiental da auga en tramos transfronteirizos das bacías do Limia e Miño, mediante o emprego tecnoloxías innovadoras”.

También se creará unha rede que fomente a vertebración dos recursos termais transfronteirizos raianos de cara á súa valorización turística, potenciando, ademais, o desenvolvemento e promoción de itinerarios e produtos turísticos baseados nos recursos termais e naturais do espazo transfronteirizo del Miño e Limia. Prevese que estas actuacións suporá un investimento de 2,5 millóns de euros.

A candidatura do prosecto “A Raia Termal” será presentada ao novo Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal -INTERREG V A-, que foi aprobado en febreiro pasado e que preve apoiar proxectos transfronteirizos durante o período 2015–2020 por un importe total de 382 millóns de euros.

Artigos relacionados

Back to top button