DeportesÚltima hora

A nadadora ourensá Eva Feijóo, coa selección galega no campionato de España por Autonomías

O equipo de división de honra do CNPO, pola súa banda, vencía na última xornada da liga de clubs celebrada en Ourense
A nadadora ourensá Eva Feijóo.

Como membro da selección galega, a nadadora do Club Natación Pabellón Ourense, Eva Feijóo, vén de participar no campionato de España por Autonomías celebrado en Palma de Mallorca. Malia ser a súa primeira convocatoria co combinado galego “Eva non se amedrentou en ningún momento ante a elite nacional da categoría o que lle valeu para que os técnicos confiasen nela para engadir outra proba máis ao seu programa persoal e suplir a baixa doutra nadadora”, explican dende o club ourensán. Na primera sesión Eva nadou dúas probas en vinte minutos, pechando a sesión co terceiro posto no relevo longo de crol. Na sesión de tarde tamén en relevos, a pabellonista contribuía a lograr un cuarto posto a “só dous segundos da vitoria”, puntualizan dende o CNPO.

 

Equipo de división de honra do CNPO.

Na mesma fin de semana, celebrábase en Ourense a última xornada da fase regular da liga de clubs en división de honor, na que os pabellonistas lograban unha “merecida vitoria que permitirá disputar a fase final en casa do Galaico de Pontevedra”.

Artigos relacionados

Back to top button