DeportesGalerías de fotosÚltima hora

As nadadoras do Sincro Ourense conquistan Barcelona

O ourensán foi un dos 41 clubs participantes no campionato de España de Inverno

Con 19 nadadoras, dúas adestradoras e un membro da directiva, acudía o Club Sincro Ourense ao XVIII campionato de España alevín e infantil de inverno “Trofeo Asisa de Natación Sincronizada” que se celebraba entre o 16 e o 19 de marzo na piscina San Jordi de Barcelona.

Tal como explican dende o club ourensán, no campionato participaron 520 nadadoras de 41 clubs de toda España e celebrouse unha competición de figuras individuais e  e outra de rutinas libres combinadas (combos).

Na categoría alevín, polo Sincro Ourense participaron: Eva Rodríguez, Antía Touriño, Cristal Mota, Blanca Moyano, Iris Carid, Lía Pulido, Iria Fernández, Antía blanco e Estela Ojea. Con respecto aos resultados, na proba de figuras individuais “destacaron na clasificación por grupos de idade as máis novas do grupo, finalizando Antía Blanco no posto 14º, Estela Ojea no 16º , Cristal Mota no 18º, e Iria Fernández no 20”, explican dende a directiva, engadindo que na proba de combos lograban o 15º posto e na clasificación xeral por clubs, o 16º de 30 participantes. O club campión foi o Sabadell.

E con respecto ao grupo das infantís, as nadadoras ourensás clasificadas para o nacional foron: Candela Rodríguez, Lola Carracedo, Rebeca Ruiz, Iria Guevara, Lucía Villar, Claudia Bande, Ana Moyano, Rocío Blanco, Era Lamas e María González. Na competición de figuras por grupos de idade, María Seara foi 25ª e Erea Lamas 59ª no  grupo das do 2004 ; e Ana Moyano  37ª e Rocío Blanco 65ª entre as nadadoras do 2004. Na clasificación xeral absoluta destacaron Ana Moyano, Claudia Bande, Candela Rodríguez, Rebeca Ruiz e Lola Carracedo, situándose case todas as nadadoras ourensás “na primeira metade da táboa clasificatoria”.  Na suma de figuras, o Sincro Ourense finalizou no posto 14º de 35 clubs, ocupando o posto 16º nas rutinas libres combinadas e o 15º na clasificación final por clubs. O Sincro retiro de Madrid foi o vencedor absoluto nesta categoría.

 

Artigos relacionados

Back to top button