DeportesÚltima hora

As nadadoras do Sincro Ourense, na Copa Deputación de Pontevedra

O ourensán é un dos once clubs galegos que participan na competición que se celebra este sábado, 13 de maio
Imaxe de arquivo das nadadoras do Sincro Ourense no último campionato no que participaron.

Unha tempada máis, o Club Sincro participará na Copa Deputación de Pontevedra de Natación Sincronizada que se celebra este sábado, 13 de maio, na piscina da Escola Naval Militar de Marín.

O campionato, ao que asistirán 320 deportistas de 11 clubs galegos da especialidade, consistirá nunha competición de Rutinas tanto combinadas como libres de equipo en categorías de Escola e Base. Tal como informan dende o club ourensán, na categoría de Base 1 presentarán un Combo formado por Martina Álvarez Queija, Candela Flores Vica, Andrea Rodríguez González, Laura Iglesias Álvarez, Martina Bericat Elizechea, Andrea Cortón Cid, Alicia Cid Arboleya, Uxía Sánchez Pedrero e Sabela Calvo Quintero. En Combos Base 2 as representantes ourensás serán Paula Moure, Noa Bobillo, Alejandra Baliñas, Noa Touriño, Estela Domínguez, María Pousa, Carmen Reboredo, Sabela Rodríguez, Dulce Romero e Elia Rodríguez.

As máis novas do Sincro Ourense debutarán en competición nesta tempada cun Combo de Escola no que participan Naia María Canal, Paola Bobillo, María Palomanes, Clara Estelle Araujo, Gabriela Pallares, Laura Araujo, Naia Sanmiguel  e Laia Vilacha.

As nadadoras oruensáns pulirána así as súas propostas de cara ao vindeiro campionato galego de verán que se celebrará o 3 de xuño na piscina do INEF en Oleiros (A Coruña).

Artigos relacionados

Back to top button