CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Un Nadal cargado de actividades no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

Na entrada do centro hai instalado un orixinal nacemento elaborado con material escolar

Concerto de panxoliñas, concurso de postres, operación kilo, belén, festivais,… Moitas son as actividades coas que o colexio Pablo VI-Fátima celebra cada ano as festas de Nadal.

Este non é unha excepción e a celebración arrancaba, nin máis nin menos que, gañando un premio. O coro do colexio, formado por alumnos de Primaria, Secundaria e Bacharelato foi seleccionado, xunto a outros dez de Galicia, no Certame de Panxoliñas de Escolas Católicas celebrado en Santiago, onde recibiron o premio á Orixinalidade.

E xa na xornada do 19 de decembro tiña lugar o Festival de Nadal. Os primeiros en actuar eran os máis pequenos do colexio, os da Gardería, interpretando “Los Pastores a Bélen” e os de Intantil con dúas actuacións: “El circo va a Belén” e “Little Snowflake”, rematando o acto coa visita dos Reis Magos que recibiron aos pequenos sobre o escenario. E trala eucaristía, harmonizada polo coro, chegaba a quenda dos alumnos de Primaria con varias actuacións: “Bailando con la Navidad”, “De la oscuridad nació la luz”, “La rosa que llegó a Belén” e “Navidad con Cha-cha-chá”.

Tampouco faltou este ano a colocación do nacemento na entrada do centro escolar. Nesta ocasión, ademais do tradicional (á dereita), alumnos e profesores sorprenderon cun orixinal belén feito con material escolar (libros, tesoiras, ceras, rotuladores, grapadoras,…). Asemade, convocouse un concurso de postres co chef do Pazo do Castro, Emilio Álvarez como presidente do xurado, entre outras actividades. Tamén están en marcha a Operación Kilo e a recollida de gafas graduadas e de sol, de segundo uso para adultos ou nenos.

As primeiras imaxes da galería corresponden ao Festival de Infantil e as últimas son do belén e da Operación Kilo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button