ConcellosÚltima hora

Nadal lúdico en A Pobra de Trives

O Concello vén de presentar a programación deste ano que inclúe cinema, música e actividades infantís
A Coraliña Cantora actuará no certame de corais o 28 de decembro. /Foto: Carlos G. Hervella.
A Coraliña Cantora actuará no certame de corais o 28 de decembro. /Foto: Carlos G. Hervella.

Co obxectivo de ofrecer unha proposta multidisciplinar e para tódolos públicos, o Concello de A Pobra de Trives elaboraba en colaboración coas diferentes concellarías, o programa de Nadal 2014-2015 que o alcalde presentaba na mañá do 1 de decembro. Unha programación que se abrirá xa vindeiro venres 5 de decembro e estenderase ata a primeira semana do mes de xaneiro.

Tal como informan dende o Concello, nas vindeiras semanas proxectaranse no Auditorio Julio Vázquez media duacia de filmes entre os que destacan títulos como “El amanecer del planeta dos simios”, “Forzen, el reino del hielo” ou “Las aventuras de Peabody y Sherman”.

Entre as actividades propostas hai asemade obradoiros para os máis pequenos e unha singular actividade de lanzamento de farolillos dende praza do Pilón o martes 23 ás 20:30h.

O apartado músical incluirá un recital de bandas sonoras a cargo do pianista Fabio Álvarez o sábado día 27, así como un Certame de Corais o domingo 28.

O programa complétase con actividades deportivas nas que se inclúen os roteiros para a práctica do sendeirismo, e a tradicional e esperada Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro.

Artigos relacionados

Back to top button