Achegamos un percorrido visual por diferentes escaparates da provincia que iremos incrementando ao longo destas datas, tamén agradecemos a colaboración dos lectores que queiran enviar as súas imaxes
Os escaparates son sempre o punto de conexión entre o público e o comercio, pero ese aspecto tense en conta de xeito especial en momentos como o Nadal. Así nestas datas os establecementos miman os seus escaparates e decoranos de xeito orixinal, con moita creatividade e luz, contribuíndo a crear un ambiente festivo nas rúas.
A través deste apartado da nosa páxina web imos, dende o Periódico O Sil queremos ir achegando diferentes escaparates do oriente ourensán, pero tamén doutros puntos da provincia. E, como fixemos noutras ocasións, agradecemos tamén que os nosos lectores participen e envíen imaxes de escaparates diferentes ou que lles gusten a redaccion@osil.info.