OurenseÚltima hora

Natalia Regueiro expón “Travellins” no espazo Shandri-La de Ourense

A mostra forma parte do programa do Outono Fotográfico e estará aberta ata o 31 de decembro
Unha das imaxes que forman “Travellins”.

O Outono Fotográfico continúa coa súa programación, amosando a arte da imaxe por diferentes espazos da cidade de Ourense. Nesta ocasión tócalle ao Shangri-La (rúa de Reza, 13), que dende hoxe acollerá a exposición “Travellings” de Natalia Regueiro.

Tal como explica a propia autora, a mostra que estará aberta ata o 31 de decembro, componse de fotos de escaleiras descontextualizadas do seu entorno e óptica habituais, reinterpretadas con outros matices. “Válgome da idea de viaxe que conleva unha escaleira posto que ésta sempre te sumerxe nun tránsito, nun trance, nun camiño,… ou te traslada a unha historia, a unha metáfora, a un misterio, a unha inventiva.” De aí o título da exposición, “Travellings” porque “tanto o seu significado etimolóxico de travesía como metafórico de transportarnos a diversas imaxes apoian o quero expresar aquí”.

Consciente de que hai tantas clases de escaleiras como visitantes que as transitan, Natalia convida ao espectador a “reinterpretalas coa súa propia mirada e a construír os seus propios imaxinarios”.

 

Outras das fotografías que poderán verse na exposición.

Artigos relacionados

Back to top button