Entroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

“Natoural” faise co primeiro premio no concurso de disfraces de Viana do Bolo

Miriam, Jordy, Estela e Jorge inspiráronse nos catro elementos da natureza

“Natoural”. /Foto cedida.

 

Non hai premio de Entroido que se lles resista. Miriam, Jordy, Estela e Jorge levan catro anos participando no concurso de disfraces que se celebra en Viana do Bolo o Martes de Entroido, trala queima dos lardeiros, e sempre levaron algún galardón. O ano pasado quedaron ás portas e nesta ocasión volvían facerse co primeiro premio (xa o ganaran hai dous anos) na modalidade de grupo, cun disfraz inspirado nos catro elementos da natureza ao que chamaron “Natoural”.

Tal como explica Jorge, os disfraces deste ano déronlles moito traballo, tanto de manualidades como de costura, e tiveron que quedar varias tardes para facelos entre os catro, dando como resultado uns traxes moi vistosos que ganaban cunha espectacular maquillaxe, que atraían todos os flashes.

 

Artigos relacionados

Back to top button