DeportesÚltima hora

Natureza e deporte, as claves do primeiro Trail Ribeira Sacra

Deseñan unha proba deportiva por esta contorna con dúas modalidades, de 24 e 50 km, que se disputará o 2 de outubro
César Parente, Diego Novelle, Manuel Baltar e Artur Yuste.
César Parente, Diego Novelle, Manuel Baltar e Artur Yuste.

A Deputación de Ourense, en conxunto co Concello de Nogueira de Ramuín e o Club de Montaña Cuevas Grupo Nogueira Trail, lanza a primeira edición do Trail Ribeira Sacra. Trátase dunha proba deportiva que se disputará o vindeiro 2 de outubro por esta contorna, aunando “deporte, historia e natureza”, en palabras do presidente provincial, Manuel Baltar. O acto de presentación tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial.

A competición constará de dúas modalidades, ofrecendo un trail de 24 km e outro de 50. O primeiro terá un desnivel positivo (subida) de 1.300 metros. No caso do máis longo, o desnivel positivo será de 2.900 metros. Este evento traerá a Luintra a corredores de diferentes provincias. Os participantes deberán inscribirse antes do 26 de setembro a través da web www.trailribeirasacra.es. Os prezos das inscricións serán de 15 e 25 euros, en función da modalidade elixida.

Na presentación estiveron presentes o alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente, o director xeral do Grupo Cuevas como patrocinador da proba, Artur Yuste, e o director do trail, Diego Novelle.

Artigos relacionados

Back to top button