A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou onte as obras de rehabilitación do mosteiro de San Clodio de Leiro que leva a cabo o departamento do goberno galego que dirixe para transofrmar parte deste edificio no primeiro spa de viñoterapia da comunidade e que, segundo manifestou, teñen como obxectivo “garantir a recuperación íntegra do inmoble e o emprego das súas instalacións para poñer en valor e difundir os recursos turísticos asociados á auga termal e ao viño”.
Esta actuación converterá as antigas adegas e cortes do mosteiro nun centro termal pioneiro en Galicia reforzando así a aposta de Turismo de Galicia polo termalismo param anter o pulo desta modalidade turística na comunidade, que constitúe un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico e económico do territorio galego.