CulturaCulturaÚltima hora

“Néboa en Outono”, 1º premio do concurso de fotografía Blanco Pascual

Vinteoito imaxes participaron no certame convocado polo Instituto de Estudos Valdeorreses
"Néboa en outono", 1º premio.
“Néboa en outono”, 1º premio.

Na tarde do luns 9 de febreiro o xurado do concurso de fotografia Manuel Blanco Pascual organizado polo Instituto de Estudos Valdeorreses, reuníanse para outorgar os premios correspondentes a esta edición.

O 1º, dotado con 250 euros foi para a fotografía “Néboa en Outono”, de Arsenio Blanco Gayoso; o 2º, dotado con 200 euros, foi para a triloxía denominada “Camiño de Inverno”, de Lucas Docampo Gacio; mentres que o 3º, dotado con 150 euros foi para a triloxía denominada “Reestreo”, de Juan Manuel Vecino Sánchez.

Parte da triloxía "Camiño de Inverno", 2º premio.
Parte da triloxía “Camiño de Inverno”, 2º premio.
Parte da triloxía "Reestreo", 3º premio.
Parte da triloxía “Reestreo”, 3º premio.

Presentáronse ao concurso 28 fotografías de 15 autores, e dende o IEV destacan a calidade dos traballos “é moi boa e lamentamos non poder ampliar o número de premiados”. Non obstante entregaranlle un lote de libros a tódolos participantes.

Proximamente comunicarase o local e a data de exposición das fotografías.

Artigos relacionados

Back to top button