CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Nenos da Rúa, protagonistas do Pleno infantil na Deputación

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO do colexio Pablo VI-Fátima, lanzaron unha mensaxe de concienciación a prol do medio ambiente
Alumnos de profesores do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, co presidente da Deputación, Manuel Baltar.
Alumnos de profesores do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, co presidente da Deputación, Manuel Baltar.

O Salón de Plenos da Deputación de Ourense acollía na mañá do 21 de novembro, unha sesión plenaria infantil protagonizada por alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, unha actividade enmarcada na “Semana Escolar da Provincia” que organiza a institución provincial.

No pleno, os estudantes abordaron temas medioambientais relacionados cos vertidos aos ríos, os incendios forestais, o lixo, a protección da natureza, a recuperación forestal, o medio natural e a contaminación, lanzando unha mensaxe de concienciación a prol do medio ambiente na nosa provincia e moi especialmente na comarca de Valdeorras. A ese respecto, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou o acerto “de poñer en valor a temática do medio ambiente” neste debate plenario infantil, “o que nos permite contribuír entre todos a sensibilizar sobre a importancia dunha sociedade cada día máis sostible”.

O presidente do goberno provincial agradeceu a alumnos e profesores o seu traballo a prol de Ourense e a súa implicación na “Semana Escolar da Provincia” que nesta cuarta edición conta coa participación de 8.417 alumnos e alumnas de 47 centros escolares de toda a provincia de Ourense. Unha iniciativa que pretende “achegar un mellor coñecemento da nosa provincia á comunidade educativa”, en palabras do presidente provincial.

Artigos relacionados

Back to top button