CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Nenos e maiores únense na corentena a través dunha iniciativa dos Radioafeccionados de Trives e de Padrón

Unhas corenta persoas de todas as idades e das comarcas de Valdeorras e Terras de Trives participaban neste singular concurso

 

Animar, entreter e tamén unir a nenos e maiores durante corentena, ao mesmo tempo que se fomenta o interese pola radioafección. Era o obxectivo da iniciativa “Diploma PMR & CB Euquedonacasa”, unha singular proposta promovida polos grupos de Radioafeccionados de Trives e de Padrón.

Este concurso poñíase en marcha nada máis decretarse o estado de alarma e finalizaba hai apenas seis días coa distribución dos diferentes diplomas (ouro, prata, bronce e de participación) aos seus participantes. Este proxecto altruísta unía durante días a uns 40 radioafeccionados de todas as idades e de diferentes lugares como A Rúa, Trives, Manzaneda ou O Barco, entre outras localidades.

 

 

“A idea desta iniciativa era axudar a sobrelevar a situación de confinamento dos maiores durante estes días e tamén dos máis pequenos e resultou moi animada e divertida”, valora José María, dende o grupo de Radioafeccionados de Trives.

Trátase dun concurso que xa está funcionando e que se manterá mentres dure esta situación de illamento social provocada pola crise do coronavirus. N “Poden participar con walkies e PMR mercados en grandes superficies”, explica José María, dos Radioafeccionados de Trives, quen destaca a participación que está habendo de persoas e cativos de Valdeorras.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button