CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Nenos e familiares desfrutan xuntos do Samaín no CEIP de O Bolo

Dun xeito diferente e orixinal celebraban este ano a Festa do Samaín no CEIP de O Bolo. Cunha “Escola do Terror” perfectamente ambientada, as familias do alumnado foron convidadas a facer un percorrido “terrorífico” polas dependencias do centro seguindo as indicacións do guía, un pequeno drácula que os ía levando, coa única luz dun candelabro, polos corredores comezando polo segundo andar.

De cada aula saían grupos de nenos que tiñan preparadas distintas dramatizacións. “Uns interpretaron “O rock do Samaín”, outros leron un conto de terror, outros bailaban e asustaban,…”, explican dende o centro. O particular tour remataba no primeiro andar, convertido nun cemiterio do que, de cada unha das lápidas, saían pequenos esqueletos ao ritmo do “Baile dos esqueletos”.

A festa remataba cunha boa chocolatada e concurso de disfraces, cabazas e postres.

Fotos cedidas polo CEIP de O Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button