ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Nervios e moita ilusión no inicio de curso no CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

 

Con moita puntualidade, algúns nervios, ilusión e ganas de reencontrarse con compañeiros e profesores comezaba o alumnado do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) o curso escolar 2021/2022 neste 9 de setembro. Era, novamente, unha volta ás clases marcada polas medidas de seguridade sanitaria fronte ao Covid, como as distancias de seguridade, a toma de temperatura e tamén a hixiene de mans, con xel nada máis cruzar as portas do centro.

Os primeiros escolares entraban ao colexio a partir das 10:30h., eran os de quinto de primaria, que accedían polo portón e polas escaleiras traseiras, e logo os de sexto de primeira, pola porta principal. “Como o alumnado ten que adquirir novos hábitos que implican tanto o cambio da porta de acceso ao colexio como da ruta que debe seguir para chegar á súa aula, o primeiro día de clase, establecerase un horario flexible de entrada para cada grupo, coa finalidade de evitar aglomeracións e confusións propias desta primeira xornada”, segundo informaban dende a dirección do centro.

Os horarios por curso eran así escalonados, sendo a partir das 10:45h. a quenda dos de segundo de primaria (pola porta principal) e dos de cuarto de primaria (portón e escaleiras traseiras). A partir das 11h. entraban os de 1º de primaria e 3º de primaria portón e escaleiras traseiras. Posteriormente, ás 11:15h., ían os de 5º de infantil e os de 6º de infantil.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button