PolíticaÚltima hora

Néstor Rego (BNG) pedirá no Congreso a prolongación de axudas ao pequeno comercio e á hostalaría

Este deputado incide en que "non poden darse por finalizadas as axudas unha vez se levante o estado de alarma ou finalice a emerxencia sanitaria, pois iso non significa que a actividade económica se reanude con normalidade" nestes sectores

O deputado do BNG no Congreso, Nestor Rego, durante unha intervención na cámara.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de instar ao Goberno central a activar un “plan de medidas de apoio e axudas ao pequeno comercio e especialmente a sectores específicos como os que teñen como principal actividade a venda de produtos destinados ao turismo e que non poderán reanudar a súa actividade, aínda que se levanten as restriccións resultantes do estado de alarma”.

Rego propón que este apoio ao pequeno comercio “se manteña no tempo”, pois a súa actividade principal está dirixida ao turismo e polo tanto “non terán ingresos durante os próximos meses” a pesar da desescalada.

O BNG considera que o sector do pequeno comercio que está máis orientado ao turismo, así como a hostalaría vai sufrir os efectos da crise da COVID-19 “durante moito máis tempo do previsto para o desconfinamento paulatino”. Néstor Rego sinala que “neste caso, e noutros semellantes, dado que o turismo tardará en normalizarse, será necesario que estes autónomos sigan contando con acceso a axudas e medidas de apoio até a total normalización do sector”.

O deputado do BNG no Congreso incide en que “non poden darse por finalizadas as axudas unha vez se levante o estado de alarma ou finalice a emerxencia sanitaria, pois iso non significa que a actividade económica se reanude con normalidade nestes sectores”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close