EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O New York Times pon a súa mirada no godello

O prestixioso periódico norteamericano fala dos viños desta variedade cuxa recuperación de impulsaba en Valdeorras
Imaxe de parte do artigo publicado polo xornal The New York sobre os godellos.

“Your Next Lesson: Godello From Spain”. Deste xeito titula a Escola de Viños do The New York Times unha información, publicada recentemente na súa edición dixital, que se centra nesta variedade recuperada hai 41 anos na Denominación de Orixe Valdeorras. O artigo, escrito por Eric Asimov, comeza falando da uva godello, practicamente descoñecida, di, ata hai 10 ou 15 anos.

Tamén recorda que estivo a piques de desaparecer no século XX e como se traballou na súa recuperación, algo que ten dado hoxe os seus froitos. Tamén cita as denominacións de orixe que actualmente producen viños con esta variedade: Valdeorras, Ribeira Sacra, e Monterrei, en Galicia; e Bierzo en terras leonesas.

Ademais o artigo conclúe recomendando tres viños de godello, dous deles valdeorreses: A Coroa e Valdesil (godello sobre lías) e un da Ribeira Sacra, o Guímaro.

Artigos relacionados

Back to top button