CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Nilo Ramos: “Chegar ata aquí foi un premio para todos e estou moi orgulloso”

Trala final do play off disputado en Lugo, o presidente do CD Barco valora de "espectacular" a campaña malia as lesións

O presidente do CD Barco, Nilo Ramos.

 

Ata que o rábitro pitou o final, toda a familia do CD Barco (xogadores, corpo técnico, directiva e afección) mantiveron a esperanza de poder remontar e chegar ao último chanzo do play off polo ascenso a 2ª RFEF, pero o tempo reglamentario chegou e o único tanto do Ourense avanzada xa a segunda parte do encotnro, valeulles o pase á final nacional.

Aínda que a resposta da afección barquense daba a sensación de que o resultado fora outro, a decepción e sobre todo a pena rondaba polo Estadio Anxo Carro de Lugo, onde se disputaba o encontro. Unha tristura que contrarrestaba coas súas palabras o presindente do CD Barco, Nilo Ramos. “Isto é fútbol e o resultado foi xusto. Eles son mellores que nós, polo menos nos 90 minutos ganáronnos perfectamente e eu prefiro sufrir esta partido aquí que o que sufrimos o ano pasado polo descenso”, dixo á saída do partido, recoñecendo que  ter chegado ata aquí “é un premio para todos” e o ano que vén volverán. “Gustounos a experiencia e á terceira terá que ir a vencida. Hai dous anos chegamos a semifinais, este ano á final e para o ano que vén teremos que ir a por todas. Isto é fútbol e é así”.

O ambiente vivido onte en Lugo foi o colofón a unha tempada que Ramos tilda de “espectacular” a pesar das lesións e outros problemas que tiveron. “Cumprimos e estou moi orgulloso deles”.

 

Artigos relacionados

Back to top button