CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Nilo Ramos, presidente do CD Barco: “É unha pena que non poidan vir os afeccionados”

O adestrador, Manolo Pérez, e o capitán, Rubén García, tamén facían declaracións previas ao partido do sábado contra o SD Compostela

Nesta mañá de 15 de xullo tivo lugar en Balaídos (Vigo) a presentación do play off de ascenso a Segunda División B. Nela todos os presidentes, adestradores e capitáns dos clubs de fútbol que desputarán esta fase de ascenso, fixeron declaracións previas aos seus respectivos partidos. O presidente do CD Barco, Nilo Ramos, afirmaba que “é unha pena que non poidan vir os afeccionados”, pero tamén recoñecía que “é o que nos toca vivir” debido á situación sanitaria do Covid-19.

 

 

Manolo Pérez: “O equipo está adestrando ben e a bo ritmo”

O adestrador do conxunto barquense lamentaba non poder contar coa participación da afección no partido do vindeiro sábado “sobre todo neste caso que é a primeira vez que se viva esta situación”. Sen embargo, recoñecía que “as codicións son excepcionais e hai que adaptarse”.

Por outra banda, afirmaba que “a preparación xa está feita”, pero que é dificil calibrar as sensacións “xa que non xogamos ningún partido nin sequera amistosos que poden dar algunhas pistas máis concretas”. Sen embargo, explicaba que “o equipo está adestrando ben e a bo ritmo”.

 

 

Rubén García: “Sería algo moi bonito poder xogar este play off na casa”

O capitán do CD Barco explicaba que “a medida que pasaron os días o equipo foi collendo forma”. Ademais, recoñecía que “somos uns privilexiados por poder desputar un play off nun campo de 1ª División nestas condicións, pero é unha pena non poder xogar na casa, porque para nós, que nunca xogamos un play off sería algo moi bonito”.

 

 

Vídeos: RFGF.

Máis información: https://osil.info/o-play-off-do-cd-barco-contra-o-sd-compostela-xogarase-sen-publico/

Artigos relacionados

Back to top button