En portadaÚltima hora

Ningún positivo de Covid no cribado realizado na Rúa

Das 1.500 persoas convocadas realizáronse 1.100 test, o que supón o 73,3%

 

Dende o Sergas veñen de comunicar o resultado do cribado poboacional de Covid feito na Rúa na tarde deste mércores, 3 de febreiro. Das 1.500 persoas convocadas dos concellos de A Rúa e Vilamartín, realizouse o test de antíxenos a 1.100, que é o número de mostras recollidas e analizadas (73,3%) entre as que non se detectou ningún positivo de Covid.

Segundo os datos da Consellería de Sanidade, actualizados ás 18 horas do 2 de febreiro, o número de novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días no concello da Rúa ascende a 21, sendo de >250 a incidencia acumulada.

No caso de Vilamartín de Valdeorras, o número de novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días no concello da Rúa é de 12, sendo tamén de >250 a incidencia acumulada.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/1-500-vecinos-da-rua-e-vilamartin-foron-convocados-para-o-cribado-poboacional-de-covid/

 

Artigos relacionados

Back to top button