SanidadeÚltima hora

Ningún positivo nas 158 probas realizadas hoxe no CribaBús do Barco de Valdeorras

Sanitarios no CribaBús Valdeorras instalado na praza do Concello do Barco.

 

Na xornada deste sábado 7 de agosto realizáronse un total de 390 probas de antíxenos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras da que unicamente saía 1 positivo.

No Espazo Xove en Ourense realizábanse 112 probas con 0 positivos; no CribaBus Verín realizábanse 120 probas con 1 positivo; e no CribaBus O Barco realizábase o maior número de probas, 158 con 0 positivos.

Dende o Sergas tamén aseguran que houbo moita actividade nos tres puntos administrativos habilitados para a e impresión de certificados de vacinación, de negatividade, de ter superado o Covid 19; tramitación dunha alta rápida no sistema para persoas con residencia fora de Galicia, así como para activar a CHAVE 365.

 

Artigos relacionados

Back to top button