En portadaSanidadeÚltima hora

No Centro de Saúde de Trives comeza a vacinación contra o Covid dos maiores de 80 anos

Celsa Hugueros, veciña de Trives en recibir a vacina contra o Covid-19./ Foto cedida.

 

Neste martes 23 de febreiro vén iniciarse a vacinación contra o Covid no Centro de Saúde de Trives das persoas maiores de 80 anos que non viven en residencias. A primeira en recibir a vacina foi Celsa Hugueros. Este centro é un dos 20 puntos de vacinación desta campaña na provincia de Ourense, que xa se iniciaba onte noutros centros de saúde como os do Barco e Viana do Bolo.

Para evitar aglomeracións no exterior do Centro de Saúde de Trives, estase contando coa colaboración e efectivos de Protección Civil, que axudan no control de accesos e no cumprimento de medidas de seguridade.

Ademais de en Trives, este martes iniciáse tamén a campaña de vacinación fronte ao Covid nos centros de saúde de Verín, Castro Caldelas, Coles, Allariz, A Carballeira e Celanova.

 

Os efectivos de Protección Civil de Trives colaborando no control de acceso ao Centro de Saúde./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button