En portadaÚltima hora

No Hospital de Valdeorras vacinábanse neste sábado ata as 14h. 170 persoas de entre 50 e 55 anos

No caso das 7 áreas sanitarias de Galicia administrábanse un total de 9.114 doses ata esa hora

 

Nas sete áreas sanitarias de Galicia iniciábase esta mañá, de maneira simultánea, a primeira vacinación masiva contra o Covid-19 da comunidade. Arredor de 19.000 persoas, con idades entre os 50 e os 55 anos, eran convocadas por SMS para acudir ao longo do día a recibir a primeira dose da vacina de AstraZeneca.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras estaba citadas un total de 2.150 persoas. No caso do Distrito Sanitario do Barco, onde a vacinación remataba ás 15h. no Hospital de Valdeorras, das 250 persoas convocadas vacinábanse 170 ata 14h., momento no que a Consellería de Sanidade ofrecía os primeiros datos, o que supón o 68% do total. Ademais ata esa hora houbo 3 persoas non vacinadas por “contraindicacións maioritariamente”, segundo informa Sanidade.

No Distrito de Verín eran 147 as persoas vacinadas ata as 14h. no Hospital de Verín, do total de 200 citadas, o 73,5% das citadas. Houbo 49 que non se vacinaron por motivos como as contraindicacións. Tamén aquí a administración de doses remataba ás 15h.

No caso da cidade de Ourense é o recinto de Expourense o lugar escollido para as vacinacións que continuarán tamén pola tarde.

Datos da vacinación por áreas sanitarias e distritos ás 14h. do 13 de marzo

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

* As persoas non vacinadas corresponden a contraindicacións maioritariamente
** A Mariña, Monforte, Verín e Valdeorras rematan a vacinación ás 15h.
*** Pontevedra e Vilagarcía rematan a vacinación as 14:30h.

Artigos relacionados

Back to top button