Publicidade
ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

No Pazo Barbeirón de Sobrado de Trives xa pastan os bois de Mario Nogueira

Trátase dunha iniciativa conxunta que busca poñer en valor o turismo e o produto gastronómico local

 

O Pazo Barbeirón de Sobrado de Trives e o gandeiro rues Mario Nogueira están a colaborar nun novidoso proxecto para poñer en valor o turismo e o produto gastronómico local. Así, seis bois (catro de raza minhota e dous de raza barroso) pastan nas inmediacións do pazo. “Hai unha parella, a de raza barroso, que imos gardar para que os hóspedes poidan desfrutar deles, xa que son espectaculares” explica o seu xerente, Francisco Javier Pardo.

 

Bois da raza barroso no Pazo Barbeirón.

 

Así, os catro restantes de raza minhota serán para consumo de carne deste hotel rural do século XVIII que conserva a totalidade do mobiliario orixinal. “A idea é, co tempo, ir engadindo máis animais deste tipo para ter unha boa oferta de carne, xa que na nosa finca de 40 hectáreas temos outros animais como 20 ovellas, 40 vacas ou 5 cabras”, afirma Francisco Javier Pardo.

O gandeiro Mario Nogueira, o cal cría razas autóctonas de forma tradicional, cualifica as inmediacións do pazo como espectaculares. “Teñen unha finca preciosa, cunha gandería de vacas e creo que o proxecto que están a desenvolver pode resultar moi ben”, asegura.

 

Exterior do Pazo Barbeirón de Trives.

 

Na actualidade, o Pazo Barbeirón trivés ten unha decena de habitacións dobres dispoñibles, para cuxos hóspedes abre exclusivamente o seu restaurante para almorzos e ceas, “nun futuro ao mellor ampliamos o servizo”.

Ademais, nas 40 hectáreas do pazo atópase unha fervenza que os hóspedes poden visitar a través dunha ruta de 4 quilómetros, deseñada e posta a disposición pola xerencia deste hotel rural, “na que se poden ver os bancais romanos” que a familia quere recuperar. “Queremos que a xente estea tranquila”, conclúe Francisco Javier Pardo, recordando que o pazo cumpre todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias fronte o Covid-19.

Fotos cedidas agás as tres últimas da galería que son de Carlos G. Hervella.

Máis información:

Telf. do Pazo Barbeirón 988 100 618 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close