OurenseÚltima hora

No que vai de ano 2 peóns falecían nas vías da provincia e 22 resultaban feridos

O subdelegado do Goberno en Ourense presentabs a campaña de prevención de atropelos que comeza hoxe nas estradas da provincia na que se repartirán 400 chalecos

 

Facerse visible cando se camiña xunto ás estradas é fundamental para minimizar o risco de sufrir un atropelo. Así o sinalaba o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, durante a presentación esta mañá dunha campaña especial de prevención de atropelos nas estradas da provincia que desenvolverán dende hoxe conxuntamente a Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense e o Subsector de Tráfico da Garda Civil. Na presentación tamén participaban o xefe provincial de Tráfico, David Llorente; a xefa de sección de Tráfico, Estrella Garrido; e o tenente do Subsector de Tráfico da Garda Civil, Juan Carlos Nogueiras.

 

 

Nesta época, con menos horas de luz e peores condicións de visibilidade, Emilio González apelou a que tódolos cidadáns porten elementos reflectantes nos seus desprazamentos a pé polas vías, xa que, ademáis de ser obrigatorio por lei, supón un seguro de vida nestes traxectos. Lembrou que este ano faleceron 2 persoas e 22 peóns resultaron feridos por atropelos nas estradas ourensá. Durante o ano pasado a cifra de falecidos por atropelo foi tamén de dous e os feridos foron 13, menos que este ano.

Esta campaña realízase na provincia de Ourense nos últimos anos co obxectivo de concienciar aos peóns e ao resto de usuarios cos que conviven sobre a importancia de facerse ver na estrada e asegurarse así de que son vistos polos condutores de vehículos.

O xefe de Tráfico detallou que durante os próximos días os axentes do Subsector da Garda Civil entregarán chalecos reflectores a aqueles camiñantes, peóns, peregrinos… que se desprazan polas vías sen facer uso deste tipo de pezas. Así mesmo, entregaranse aos asistentes ás charlas que se organicen desde a Xefatura de Tráfico en determinados centros e asociacións.

A dotación inicial para repartición na estrada serán 400 chalecos nesta provincia de Ourense.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button