DeportesÚltima hora

No UD Ourense-Racing Vilalbés recolleranse tapóns para o neno de Vilariño de Conso con diabete

Justin necesita un sistema de Monitorización Continua de Glucosa Dexcom valorado en 3.000 euros
O presidente e o adestrador da UDO con representantes da Fundación Amigos de Galicia.

Con tintes solidarios se presenta o vindeiro partido de fútbol de terceira división que se disputará no campo do Couto entre a UD Ourense e o Racing Vilalbés. Durante o encontro que comezará ás 16:30h. haberá habilitado un punto de recollida de tapóns de plástico destinados á actual campaña levada a cabo por Fundación Amigos de Galicia para Justin, un neno de Vilariño de Conso con diabete que necesita un sistema de monitorización de glucosa.

Tal como explican dende a fundación, Justin Aaron Sánchez Mato ten 7 anos con problemas de saúde dende o seu nacemento prematuro. Aos 15 meses de vida tivo a primeira reacción alérxica, detectándolle meses máis adiante asma e a enfermidade celíaca. En marzo de 2018 detectáronlle Diabete Tipo 1 Infantil, tendo que acudir desde entón a numerosas consultas médicas debido ás numerosas complicacións, motivo polo que os especialistas recoméndanlle ter unha monitorización continuada da súa glucosa para previr as hipoglucemias.

Fundación Amigos de Galicia facíase cargo no mes de agosto dun Sistema de Monitorización Continua de Glucosa Dexcom para Justin, “un sistema que se usa para medir os niveis de glucosa de forma continua”, explican dende Amigos de Galicia, engadindo que tiña un custe de 899 euros que custearon a través do presuposto das campañas de tapóns que a entidad e leva a cabo. O transmisor e os sensores tiñan unha durabilidade de 3 meses, e dada a mellora da calidade de vida para esta familia de Vilariño de Conso, Fundación Amigos de Galicia comezou o pasado mes unha campaña de recollida de tapóns de plástico para comprar un novo transmisor e sensores que terán unha durabilidade dun ano. Ten un custe de 3.000 euros, que en tapóns equivale a 11.643.100 unidades.

A Fundación Amigos de Galicia faise cargo do Sistema de Monitorización Continua de Glucosa Dexcom, ao tratarse “dunha tecnoloxía non financiada pola Seguridade Social e cuxo importe a familia non pode asumir, feito constatado por Fundación Amigos de Galicia mediante informe social e en coordinación cos Servicios Sociales do Concello, aseguran dende a entidade.

Artigos relacionados

Back to top button