PolíticaÚltima hora

Noa Presas, cabeza de lista por Ourense de NÓS-Candidatura Galega

A formación presentaba a aos seus integrantes nun acto celebrado en Santiago
Participantes no acto celebrado en Santiago.
Participantes no acto celebrado en Santiago.

Como “100% galega” e “sen límites á hora de defender Galiza” se presenta NÓS-Candidatura Galega. Tamén como a “herdeira do nacionalismo de esquerdas que leva vinte anos sendo a voz do país en Madrid”. Así se resaltaba nun acto celebrado o 16 de novembro ante o Museo do Pobo Galego en Santiago no que participaba unha boa representacións dos candidatos cos que esta formación concurrirá ás vindeiras eleccións xerais do 20 de decembro. Entre eles estaban Xosé Luís García, Mini, Miguel Anxo Fernández Lores, Isabel Risco, Tereixa Novo e Suso de Toro, ademais de contar co apoio do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e de responsables políticas das outras formacións integradas na candidatura.

Tampouco faltaban nesta presentación os cabezas de lista por cada unha das provincias galegas, entre as que estaba a ourensá Noa Presas, quen reivindicaba o seu papel como muller moza nunha provincia que vai a menos. “Somos a xeración máis indefensa en termos de emprego e precariedade, realidade que non pode ser maquillada nin coa propaganda oficial, cun 50% da xente mozo sen traballo”, ademais dos miles de emigrados. “Non hai mocidade con emprego digno neste país”, destacaba.

Artigos relacionados

Back to top button