PolíticaÚltima hora

Noa Presas e Suso Vilasánchez, candidatos do BNG, na feira de Viana

Participaban nun reparto informativo na feira da vila e visitaban varios negocios de mozas emprendedoras e nais
Os candidatos nacionalistas Noa Presas e Suso Vilasánchez na feira de Viana.
Os candidatos nacionalistas Noa Presas e Suso Vilasánchez na feira de Viana.

“O BNG non está aquí para prometer solucións máxicas contra o desemprego”, aseguraba a cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, ante un grupo de militantes e simpatizantes en Viana do Bolo. “Traballaremos por crear traballo, por fixar poboación en Ourense, a través do Plan Retorna e dun cambio dos modelos de explotación do monte, por exemplo. Tamén prestando atención aos autónomos”, engadía. Presas, xunto ao número 2 da candidatura nacionalista, Suso Vilasánchez, participaba nun reparto informativo na feira vianesa na mañá do 13 de setembro. Ademais estaban acompañados polo alcalde de Viana, Secundino Fernández, e por outros militantes.

Os candidatos tamén se achegaban ata tres negocios de mozas e nais emprendedoras no centro da vila. Estas emprendedoras manifestábanlles as súas dificultades para conciliar pero tamén unha firme determinación de criar seus fillos en Viana. “Nos estamos por iso, por afirmar desde xa que a emigración é a última opción para a xente deste país”, resaltaba Presas, e nese senso o BNG pretende que o futuro goberno cambie as prioridades do anterior é “a política se impoña ás xustificacións
económicas”. Ademais escoitaba e coñecía outras necesidades deste concello do oriente ourensán. No decurso desta visita Presas manifestaba ademais a súa inquedanza pola vaga de lumes da última semana en Ourense e

Artigos relacionados

Back to top button