PolíticaÚltima hora

Noa Presas pide no Parlamento que se abra unha liña máis da ESO no IES Otero Pedrayo de Ourense

 

Noa Presas.

A deputada por Ourense Noa Presas trasladou hoxe, 3 de abril, ao Parlamento de Galicia a petición das ANPAS dos centros de primaria de Amadeo Rodríguez Barroso, A Inmaculada, Irmáns Villar e do Ramón Otero Pedrayo que suman máis de 5.000 sinaturas reclamando unha cuarta aula de primeiro de ESO no IES Otero Predrayo, para dar servizo ao novo alumnado que teñen este centro como referencia.

Dende as Asociacións de Pais sinalan que as tres liñas actuais de ESO son insuficientes para dar cobertura a todo o alumnado que remata as aulas neste curso nos centros de primaria mencionados, que teñen experimentado un incremento do número de escolares. O obxectivo é que para o curso 2017/2018 todos podan cursar primeiro de ESO no IES Otero Pedrayo. sen ter que desprazarse a un centro moito máis afastado dos seus lugares de residencia, como pode ser por exemplo o IES As Lagoas.

“É unha petición razoable que debe ser atendida pola Consellería de Educación para poder darlle cobertura a todos os nenos e nenas adscritos a ese IES, tendo en conta ademais que o centro ten espazo suficiente para albergar un cuarto curso de primeiro de ESO, sen que iso supoña un gasto adicional en infraestruturas”, explicou Noa Presas.

A deputada segurou que “ten conta que as instalacións do edificio dispoñen de espazo suficiente, non se engadiría custos loxísticos de ampliación”, reiterou a deputada por Ourense.

Ademais de dar resposta a unha petición das familias, a apertura dunha nova aula de primeiro de ESO no Otero Pedrayo implicaría reducir a ratio de alumnado por aula, o que repercutiría moi positivamente na comunidade educativa.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button