Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Noa Presas presenta na Rúa as propostas de NÓS

A candidata ao Congreso por Ourense achegouse a Valdeorras para dar a coñecer o programa da Candidatura Galega

Seiscentos quilómetros e cinco mitins na fin de semana. Noa Presas, cabeza de lista de NÓS-Candidatura Galega por Ourense, adicou a última fin de semana de campaña a percorrer a provincia de este a oeste.

Na tarde do venres 11 de decembro, despois de celebrar un encontro aberto con emigrantes retornados en Ourense, achegábase ata a Biblioteca da Rúa para dar a coñecer as propostas do seu partido á poboación valdeorresa.

Acompañada pola alcadesa María González Albert e o concelleiro Germán Alejandre, Presas asegurou que nestas eleccións “non só nos xogamos o noso futuro, non se trata só de resistir ou malvivir, senón de construír” polo que concorren ás elección como unha candidatura “específicamente galega” que espera ter representación en Madrid. Para iso, contan con “propostas concretas” como a reivindicación dunha tarifa eléctrica galega ou lograr que as taxas para os pequenos autónomos sexan segundo os ingresos, sen esquecer aos emigrantes retornados polos que seguirán loitanto. “Cunha soa persoa que se vise afectada, NÓS loitaría por que recibise o que merece por xustiza”, dixo, pedindo o apoio dos asistentes de cara ao domingo 20 de decembro.

O acto remataba coa recomendación da nacionalista Maria G. Albert “ide votar, non quededes en casa porque iso dálles a forza que non merecen”.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button