PolíticaÚltima hora

Noela Blanco: “Non houbo ningún tipo de negociación, nin de integración”

A ex deputada socialista responde así ao comunicado da executiva provincial do partido socialista ourensán que anunciaba unha candidatura unitaria de delegados no 40 Congreso Federal do partido

Noela Blanco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na tarde de onte o PSdeG-PSOE de Ourense emitía un comunicado no que se indicaba que haberá “unha candidatura unitaria de delegados para o próximo 40 Congreso Federal do PSOE” que se celebrará en Valencia, que estará liderada por Francisco Fumega que na que “tamén se integra a ex deputada Noela Blanco”.

Tras facerse pública esta nota, Noela Blanco, quen presentara precandidatura para liderar a delegación ourensá, aseguraba que, por agora, “non houbo ningún tipo de negociación, nin de integración”. A ex deputada socialista explicaba que onte “recibía a chamada do candidato da executiva provincial, o compañeiro Paco Fumega. Foi unha mera chamada de cortesía, de 2 minutos, dado que me dixo que tiña que consultar antes de propoñer nada, e me trasladou a posibilidade de vernos para a semana que vén, o cal aceptei. Non houbo ningún tipo de negociación, nin de integración, nin de ningún dos plantexamentos que recolle a executiva provincial neste comunicado. Non creo que sexan as mellores condicións para chegar a acordos. Para evitar futuras confusións, sería necesario que houbera un interlocutor claro. Non obstante, unha vez máis, por min non vai quedar”.

Artigos relacionados

Back to top button