PolíticaÚltima hora

Noela Blanco: “as estacións son importantísimas para o desenvolvemento económico e social da provincia”

A deputada Socialista por Ourense no Parlamento de Galicia reiterou que, coa supresión da venda de billetes, as estacións vanse converter en “estacións pantasma”
Aitor Bouza, Javier Rey, Noela Blanco e Eladio Gómez.

A deputada Socialista por Ourense no Parlamento de Galicia, Noela Blanco, falou hoxe nunha rolda de prensa, onde os Socialistas ourensáns explicaron a nova batería de propostas que van levar ao Parlamento de Galicia, sobre as protestas que os veciños de Valdeorras fixeron onte nas estacións da comarca ante o anuncio de Renfe de suprimir a venda de billetes. Unha supresión que tamén afecta ás estacións de Ribadavia e O Carballiño.

A parlamentaria sinalou que na anterior sesión plenaria que tiveron no pazo do Hórreo, “lanzamos a pregunta á conselleira de Infraestruturas”, Ethel Vázquez, que respondeu que xa se puxera en contacto co Goberno Central para paliar esta situación. Segundo comentou Blanco, “iso non é o que nos transmitiron os traballadores ao grupo Socialista”, a parlamentaria reitera que “as negociacións están rotas, e esa venda de billetes vaise anular”.

Noela Blanco insistiu que con esta medida as estacións afectadas “vanse converter en estacións pantasma nestas vilas” e resaltou que algunhas delas “son verdadeiras xoias da arquitectura, como do Carballiño”, exemplificou. Con respecto a esta estación, a deputada falou tamén “dunha forte redución de trens e uns horarios imposibles que non permiten o desprazamento pola provincia”. Salientando que estes espazos “son importantísimos para o desenvolvemento económico e social das vilas”.

Asemade, reiterou que o despacho de billetes é un servizo “importantísimo nunha provincia na que na media de idade é superior aos 50 anos”. Noela Blanco explicou que Ethel Vázquez “nos dixo que eses billetes poderíanse adquirir a través da internet”, unhas explicación, asegurou Blanco, que lles sorprende moito xa que “a conselleira parece non coñecer que, ademais de que a xente maior non se desenvolve ben coas novas tecnoloxías, hai en puntos da comarca de Valdeorras, no Carballiño ou en Ribadavia, nos que o acceso á rede e practicamente nulo”, salientou.

En materia ferroviaria, Noela Blanco tampouco quixo pasar por alto o retraso do AVE a Galicia para o ano 2019: “un novo desprezo do Goberno Central coa complicidade da Xunta de Galicia”.

En definitiva, dende o grupo parlamentario Socialista o que lle solicitan ao Goberno da Xunta é que , “aínda que non sexa unha competencia autonómica”, que medie co Goberno Central “e que exerzan como militantes de Galicia, que sempre o din, e non como militantes do Partido Popular, que dean un golpe na mesa e poñan en valor algo importantísimo para a nosa provincia”, concluíu Noela Blanco.

Nesta mesma rolda de prensa, o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza; o ex-presidente da Casa da Xuventude, Eladio Gómez e o concelleiro do PSdeG-PSOE de Ourense, Javier Rey, expuxeron a nova solicitude que elevarán á cámara galega na que pedirán que, por un lado, “se lle devolva á Casa da Xuventude de Ourense a súa antiga función de centro de reunión de asociacións e integración da mocidade” e, por outra banda, que se lle chame “Casa da Xuventude Benito Losada, en honra ao que este insigne home fixo pola xuventude da provincia”. Xa que reiteran que este novo uso que se lle está a dar á Casa da Xuventude é “o dun edificio administrativo máis e anula a capacidade participativa da mocidade”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close