Publicidade
PolíticaÚltima hora

Noela Blanco pedirá no Parlamento galego apoio para declarar o Entroido vianés de interese turístico nacional

A deputada socialista vén de presentar unha proposición de lei sobre este tema que se debatirá mañá na Comisión de Industria

Publicidade
Boteiros e un dos fulións de Viana do Bolo na praza maior da vila no Entroido./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

“O Entroido de Viana do Bolo, que goza de recoñecida fama, é quizais un dos máis orixinais que se celebran en Galicia”, di a proposición non de lei que veñen de presentar a socialista Noela Blanco Rodríguez, xunto a outros catro deputados deste grupo parlamentario para o seu debate en Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo. Esta iniciativa será debitada mañá 6 de febreiro.

No texto da iniciativa descríbense as singularidades do Entroido vianés, así como as súas figuras principais, como é o caso do Boteiro. “Dita festa trátase pois dunha manifestación de valores culturais e de tradición popular, con especial consideración polas súas características etnolóxicas e que ten unha especial importancia como atractivo turístico, polo que foi declarada de interese turístico de Galicia no ano 1999. Tendo en conta ademais que cumpre todos os requisitos recollidos na Orde ITC/1763/2006, do 3 de maio, para acadar a declaración dunha festas de interese turístico nacional: A antigüidade da celebración da festa ou acontecemento de que se trate; a súa continuidade no tempo (entre unha e outra celebración da festa non deberá transcorrer máis de cinco anos), arraigamento da festa na localidade, o que implica a participación cidadá no  desenvolvemento da festa; a orixinalidade e diversidade dos actos que se realicen”.

 

A deputada socialista ourensá, Noela Blanco, no exterior do Parlamento de Galicia./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ademais a iniciativa lembra que o Pleno do Concello de Viana do Bolo no ano 2014, “a proposta do
grupo socialista, solicitou o inicio dos trámites para que o entroido de Viana do Bolo se declarara de interese turístico nacional”. Os deputados socialistas indican no texto que esta “declaración require dun informe  favorable da comunidade autónoma, neste caso dos organismos turísticos competentes da Xunta de Galicia, que remitirán no seu caso o expediente acompañado do informe á Subdirección General de Calidad e Innovación Turísticas, da Secretaría General de Turismo, que ditaminará ao respecto”.

E engaden que esta “declaración de carácter honorífico daría un empuxón a unha das festas máis antigas e simbólicas de Galicia, á vez que supoñería un revulsivo socioeconómico nunha provincia que precisa de medidas de acción positiva en todos os ámbitos e sectores de desenvolvemento”.

Neste senso os socialistas piden nesta proposición non de lei que o Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a “apoiar a declaración do Entroido de Viana do Bolo como de interese turístico nacional” e a “realizar todos os trámites recollidos na Orde ITC/1763/2006 do 3 de maio, para solicitar ao Goberno de España a declaración do
Entroido de Viana do Bolo como Festa de Interese Turístico Nacional”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close