PolíticaÚltima hora

Noela Blanco pide que se inicien os trámites para declarar ao Entroido vianés festa de interese turístico nacional

A deputada autonómica socialista preguntáballe ao goberno da Xunta se se tiñan iniciado o proceso para lograr este recoñecemento
A deputada socialista por Ourense no Parlamento galego, Noela Blanco./ Foto: Carlos G. Hervella.

A parlamentaria socialista Noela Blanco vén de recibir a resposta á pregunta sobre o Entroido de Viana do Bolo que presentaba na Mesa da Parlamento para a súa resposta por escrito. Nela preguntáballe ao goberno galego se no ano 2014 o Concello de Viana do Bolo (daquela gobernado polo PP), en cumprimento dunha proposta plenaria, tiña solicitado á Xunta o informe favorable previo esixido para poder tramitar esta solicitude ante o Ministerio.

Na súa resposta á deputada, a Xunta sinala que “non consta que tivera entrada en Turismo de Galicia solicitude de declaración de festa de interese turístico nacional do Entroido de Viana do Bolo, polo que non se levaron a cabo actuacións nese sentido”.

Para Blanco isto supuxo que Viana  “perdera unha oportunidade fundamental e un tempo precioso” para aproveitar un revulsivo para o turismo e a economía da localidade e de toda a comarca.

Lembra que a declaración require dun informe favorable dos organismos turísticos da Xunta de Galicia, que deben remitir o expediente, acompañado deste informe, á Subdirección General de Calidad e Innovación Turísticas, da Secretaría General de Turismo, quen debe a continuación emitir o seu ditame.

Por este motivo, reitera a súa petición para que a Xunta realice tódolos trámites recollidos na Orde que regula a declaración como Festa de Interese Turístico Nacional para o que é “un dos Entroidos máis orixinais que se celebran en Galicia e o evento máis antigo e con máis tradición da zona”.

Artigos relacionados

Back to top button