CulturaCulturaÚltima hora

Noelia Quintela, de Río, na cuarta e definitiva fase da competición de danza “The Jungle Battle”

Publicidade
Noelia Quintela nun dos pasos da primeira coreografía coa que participaba neste concurso.

 

Fase a fase, Noelia Quintela está a demostrar o seu talento e profesionalidade en “The Jungle Battle”, a primeira competición de danza multidisciplinar, cen por cen dixital, que se promove a nivel español. Esta moza de 15 anos, natural de Mouruás (San Xoán de Río), iniciaba este concurso a finais de febreiro e lograba pasar da primeira fase á segunda, logo á terceira e, xa na pasada fin de semana, vén de asegurarse a súa praza na cuarta e definitiva fase.

Nesta parte determinante do competición xa non hai votacións do público, senón que os clasificados, entre eles Noelia Quintela, serán valorados polos xuíces. Tanto esta moza como os seus pais, Katy e Lino, agradecen o gran apoio recibido polo público nestas semanas.

O pase á final suporá un novo reto para Quintela, que pertence ao Star Dance Studio de Barcelona e que conta cunha meritoria traxectoria que inclúe títulos tanto nivel estatal en modalidades como o Hip-Hop, como tamén a nivel mundial.

 

Artigos relacionados

Back to top button