CulturaCulturaÚltima hora

Noelia Quintela, de Río, na fase 3 do concurso de danza “The Jungle Battle”

A súa nova coreografía pode verse e votarse en https://www.junglebattle.com/2021/03/10/sds-noelia-quintela-2/

Publicidade
Noelia Quintela, nun dos pasos da súa coreografía.

 

Novo paso de Noelia Quintela, no concurso “The Jungle Battle”. Esta moza de 15 anos, natural de Mouruás (San Xoán de Río) vén de conseguir pasar á terceira fase desta primeira competición de danza multidisciplinar unicamente virtual.

En este momento ponse en marcha un novo período de votacións que se prolongará ata o vindeiro sábado 13 de marzo, na que “ten de demostrar coraxe e ambición”, din os seus pais.

As persoas que queiran apoiar a Noelia nesta terceira fase do concurso poden facendo de forma moi sinxela, tan só teñen que entrar en https://www.junglebattle.com/2021/03/10/sds-noelia-quintela-2/ onde pode verse o vídeo coa súa coreografía, e votar.

Nesta terceira fase Noelia Quintela, do Star Dance Studio de Barcelona, compite cunha coreografía do seu adestrador, Joel Sánchez.

Artigos relacionados

Back to top button