DeportesÚltima hora

Noelia Quintela, de San Xoán de Río, no Dance World Cup en Braga

Quedaba na primeira posición dentro do Team Spain e situábase no posto 12 no ranking Mundial en categoría Children Solo HipHop

 

Destacada actuación de Noelia Quintela, natural de San Xoán de Río, na Dance World Cup, celebrada na pasada fin de semana en Braga (Portugal). Acudía a esta cita mundial co Team Spain. Este evento internacional reaunía a 6.003 participantes de 53 países.

Quintela amostaba a súa profesionalidade e, malia aos problemas que tivo coa música, logrou quedar a primeira do Team Spain e a 12ª no ranking Mundial en categoría Children Solo HipHop. Tivo ademais unha fin de semana moi completa con outras dúas competicións: a RockDaHouseFinals (European HipHop &Urban Dance Competition), na que era bronce en categoría minisolista, e o HotSteps, na que se situaba no terceiro posto.

Deste xeito Noelia Quintela pecha a tempada 2019 e pensa xa en preparar novos proxectos de cara ao 2020. Amosa asemade o seu agradecemento a “todos os que nos tedes apoiado en cada momento do evento”.

Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button