CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Noelia Quintela, natural de Mouruás (Río), na competición de danza “The Jungle Battle”

O público pode apoiar a súa participación votándoa en https://www.junglebattle.com/fases/

Noelia Quintela, no vídeo co que participa nesta competición de danza.

 

Entre as participantes de “The Jungle Battle”, a primeira competición de danza multidisciplinar 100% dixital que se lanza a nivel nacional, esta Noelia Quintela, natural de Mouruás (San Xoán de Río). Esta moza de 15 anos, do Star Dance Studio de Barcelona, conta cunha destacada traxectoria con títulos a nivel estatal en modalidades como o Hip-Hop, pero tamén a nivel mundial.

 

 

Nesta ocasión, Quintela amosa a súa profesionalidade e talento neste concurso que se atopa na súa primeira fase. O concurso ten en conta os votos do público (a votación xa está aberta) e tamén a valoración dos xuíces. As persoas que queiran apoiar a Noelia poden facendo de forma moi sinxela, tan só teñen que entrar na ligazón https://www.junglebattle.com/2021/02/19/solo-noelia-quintela/ (onde se pode ver o vídeo coa súa coreografía) e votar 5 estrelas a “sds solo noelia”.

 

Artigos relacionados

Back to top button