CulturaCulturaÚltima hora

Noelia Quintela, natural de Río, na 2ª fase da competición de danza “The Jungle Battle”

As persoas que queiran apoiala poden facendo de forma moi sinxela, tan só teñen que entrar en https://www.junglebattle.com/2021/03/03/sds-noelia-quintela/ e votar

Publicidade
Noelia Quintela, no vídeo da coreografía coa que participa no concurso.

 

Tras as votacións e valoracións de febreiro, Noelia Quintela, natural de Mouruás (San Xoán de Río), conseguiu pasar á segunda fase de “The Jungle Battle”, a primeira competición de danza multidisciplinar unicamente virtual.

Agora comeza un novo período de votacións que se prolongará ata o 7 de marzo, no que o participante máis votado de cada categoría conseguirá pasar á seguinte fase, a terceira. As persoas que queiran apoiar a Noelia poden facendo de forma moi sinxela, tan só teñen que entrar en https://www.junglebattle.com/2021/03/03/sds-noelia-quintela/ , onde pode verse o vídeo coa súa coreografía, e votar.

 

 

Esta moza de 15 anos, do Star Dance Studio de Barcelona, conta cunha destacada traxectoria con títulos a nivel estatal en modalidades como o Hip-Hop, pero tamén a nivel mundial. Neste concurso Noelia Quintela enfróntanse a participantes de moita calidade e nivel, algúns incluso profesores.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button