En portadaÚltima hora

“Noite Branca” de descontos, degustacións e festa no Barco

Esta campaña, promovida polo Barco CCA, está prevista para a tarde-noite do 17 de xuño e nela participarán 34 establecementos
A presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes, durante a presentación da "Noite Branca"./ Foto: Ángeles Rodríguez.
A presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes, durante a presentación da “Noite Branca”./ Foto: Ángeles Rodríguez.

“Aproveitar unha noite case de verán para ofrecer descontos e animar aos veciños a saír ás rúas, a coñecer os comercios”. Deste xeito resumía a presidenta do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Sandra Moldes Rodríguez, o obxectivo da “Noite Branca” que se celebrará na vila valdeorresa o vindeiro 17 de xuño a partires das oito da tarde e ata as doce da noite. “A promoción pretende achegar así mesmo, a clientes dos arredores para que, atraídos pola novidade, decidan pasar unha noite moi agradable comprando nos establecementos, paseando polas rúas do Barco e desfrutando das actividades de animación”, explicaba Moldes na rolda de prensa de presentación desta campaña, na que estaba acompañada pola vicepresidenta desta asociación, Ángeles Rodríguez Pérez.

A vicepresidenta do CCA e a presidenta, co cartaz da "Noite Branca" do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
A vicepresidenta do CCA e a presidenta, co cartaz da “Noite Branca” do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Ademais con motivo desta “Noite Branca” os establecementos participantes engalanaranse dun xeito especial (dentro e fóra), ampliarán o seu horario de apertura (ata a medianoite) e agasallarán ao público con interesantes descontos dun 20% e degustacións. Tampouco faltarán espectáculos teatrais e musicais para animar o ambiente nas rúas.

Sandra Moldes destacaba asemade o aumento na participación con respecto ás dúas anteriores edicións, xa que desta volta serán 34 os establecementos participantes, dos que cinco son locais de hostalaría que ofrecerán degustacións de paella e disporán dunha zona de descanso.

O programa da “Noite Branca” abrirase a partires das sete da tarde na praza do Concello e incluirá animación musical e teatral nas rúas. Por unha banda, a ambientación teatral virá da man de Troula, que despregará varias e divertidas propostas: Benito e Rufina e Hakuna Matata. A a música porana os Celtas Largos. Neste aspecto, tomará o relevo o Dj Ton y Son ás 20:30h. (na Avenida Conde Fenosa en esquina con Abdón Blanco). Ademais ás 23:30h. poderá desfrutarse de ritmos que convidarán ao baile co grupo Son D’Vigo, no Paseo do Malecón (nas proximidades do parque infantil).

Folletos da campaña da "Noite Branca"./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Folletos da campaña da “Noite Branca”./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Dende o CCA véñense de editar folletos co programa, así como coa listaxe dos establecementos participantes na campaña e cun mapa coa súa ubicación na vila.

Establecementos participantes nesta edición da “Noite Branca” no Barco:

– Crash: R/ Conde Fenosa, 32
– Azul y Rosa: R/ Conde Fenosa, 24
– Zapatería Palpié: R/ Conde Fenosa, 20
– Super Onda: R/ Abdón Blanco, 2
– Boutique Glory: R/ Conde Fenosa, 25
– Mercería Carmina: R/ Conde Fenosa, 25
– Miranda X: R/ Conde Fenosa, 6
– Margot Peluquería: R/ Eulogio Fernández, 3
– D’Chus: R/ Eulogio Fernández, 6
– Deportes Tri-Sport: R/ Estación, 12
– Ana de la Puente Perfumería y Estética: R/ Estación, 14
– Zapatería Step Up: R/ Conde Fenosa, 2
– Miranda M: R/ Conde Fenosa, 1
– Ana Óptica: R/ Estación, 11
– Can-Can: R/ Estación, 11
– Perfumería Pamén: R/ Estación, 7
– Mis Personajes: P. Andrés de Prada
– Laurarte: R/ Academia Dequidt, 4
– Flores Esnat: R/ Marcelino Suárez, 35
– Mhussk: Marcelino Suárez, 35
– Pizpireta: R/ Marcelino Suárez, 25
– Garoba: R/ Marcelino Suárez, 25
– Depidel: R/ Marcelino Suárez, 15
– Librería Murciego: R/ Marcelino Suárez, 28
– Boutique Suá: R/ Doutor Pérez Lista, 38
– Estética Rocío Carracedo: Praza José Otero, 2
– Moral Zapatería: Praza José Otero, 3
– Bar A Cova: Praza José Otero, 3
– Vinum: R/ Paseo do Malecón, 21
– Divino Paseo: R/ Paseo do Malecón, 23
– 13/14: R/ Paseo do Malecón, 26
– Tapería al Natural: R/ Doutor Pérez Lista, 7
– Pilardos: R/ Doutor Pérez Lista, 3
– Confecciones Elena: R/ Real, 23

Artigos relacionados

Back to top button