EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A “Noite Branca” envolve O Barco

Un total de 38 establecementos participan nesta campaña promovida polo Centro Comercial Aberto da vila

Na praza do Concello do Barco tiña lugar a apertura desta nova edición da “Noite Branca”. Esta singular campaña, promovida polo Barco Centro Comercial Aberto, desenvólvese na tarde-noite do 17 de xuño e nela o comercio ofrece descontos dun 20%, hai animación de rúa con teatro e música, degustacións e tamén prolongación do horario de apertura ata a medianoite.

Nesta campaña participan un total de 38 establecementos, tanto comercios como hostalaría.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button