EconomíaEconomíaÚltima hora

“Noite branca” no Barco, o 20 de xuño

O CCA barquense prepara unha nova campaña para dinamizar o comercio e a hostalaría da vila
Luis Enrique Rodríguez "Coquixo", coordinador da campaña, e Ángel Álvarez, presidente do CCA, durante a presentación da "Noite Branca".
Luis Enrique Rodríguez “Coquixo”, coordinador da campaña, e Ángel Álvarez, presidente do CCA, durante a presentación da “Noite Branca”.

Coincidindo coa chegada do verán o Centro Comercial Aberto (CCA) lanza unha nova campaña: “Noite Branca no Barco”. Trátase dunha orixinal proposta na que participarán 27 establecementos da vila que sacarán os seus produtos á rúa, cun 20% de desconto e agasallando ao público con degustacións.

A idea é “aproveitar as boas noites de verán no Barco para ofrecer descontos e animar aos veciños a saír ás rúas a coñecer os comercios. Ademais a promoción pretende chegar á clientela dos arredores para que, atraída pola novidade, decida pasar unha noite agradable comprando nos establecementos, paseando polas rúas do Barco e disfrutando das actividades de animación. Os establecementos gañarán novos clientes, realizarán vendas a usuarios que non dispoñen dun horario comercial habitual para comprar e poderán mostrar os seus produtos a todos os veciños e turistas que pasean polas rúas nestas datas”, explicaba na rolda de prensa de presentación da campaña o presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez.

O programa comezará a partires das sete da tarde na praza do Concello con espectáculos a cargo de Troula Animación, cos que se percorrerá ás rúas dos locais participantes, que se engalarán de branco para o casión: Azul y Rosa, Super Onda, De Buena Tinta, Deportes Sport, Miranda X e Miranda M, Ana de la Puente Perfumería e Estética, Deportes Tri-Sport, Ana Óptica, Can-Can, Perfumería Pamen, Interópticas Versa, Flores Esnat, Mhussk, Pizpireta, Garoba, Librería Murciego, Prenda Outlet, Boutique Suá, Estética Rocío Carracedo, Moral Zapatería, Bar A Cova, Artesanía Cousanosa, Mayayo, Vinun, Tapería al Natural e Confecciones Elena.

Ademais nos bares participantes serviranse pinchos de paella e haberá unha zona chill out.

Tamén haberá música da man do grupo de gaiteiros Celtas Largos e dunha orixinal proposta: un Flahsmob (danza espontánea) a cargo de Bayadere Academia de Danza ás 20:30h. na praza do Concello e ás 22h. no Paseo do Malecón. Os pasos da peza poderán aprenderse a través dun video colgado na web do CCA: http://www.obarcoccaberto.com.

A partires da medianoite a festa trasladarase ata o Paseo do Malecón (nas proximidades do Casino), onde haberá unha discoteca móbil.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button