En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A “Noite Branca” viste de festa as rúas do Barco

Dende as oito e media da tarde e ata a medianoite. Un total de 32 establecementos do Barco sumábanse á cuarta edición da “Noite Branca” do Barco prolongando o seu horario de atención ao público, ofrecendo descontos dun 20% nos seus artigos, así como agasallando aos clientes con degustación de diversas e refrescantes bebidas para facer fronte ao intenso calor, así como con diferentes pinchos.

Non faltaba a animación de rúa da man de Troula Animación, unha exhibición de zumba e a música do grupo Pándega nos catro locais de hostalaría participantes (Vinum, Divino Paseo, 13/14 e Tapería Al Natural). Ademais ao longo da “Noite Branca” sorteábanse viaxes en limusina. Esta cuarta edición da “Noite Branca” ten sido organizada polo Barco Centro Comercial Aberto.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button