En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A noite do Cristo énchese de luz no Barco

 

Como manda a tradición, un recital de fogos artificiais enchía de luz, cores e son a noite do día Cristo no Barco. Multitude de persoas achegábanse ata as beiras do río Sil, principalmente no Malecón para desfrutar deste espectáculo, un dos referentes das Festas do Cristo nesta vila valdeorresa. A partires das dez e media unha bomba daba o sinal, e durante case media hora, barquenses e visitantes podían gozar cos fogos da man da Pirotecnia Penide.

 

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button