CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Noite das Perseidas, o 13 de agosto en Cabeza de Manzaneda

O programa arrancará ás 20h. cunha churrascada e incluirá música, maxia e humor
A Beltane edición especial será no exterior da Cafetería Fontefría.

Música en directo, churrascada e un gran ambiente para celebrar unha noite máxica. É a proposta de Oca Nova Manzaneda e a Cafetería Fontefría para a Noite das Perseidas (domingo 13 de agosto de 20 a 03h.) en Cabeza de Manzaneda: unha Beltane edición especial.

Por 10 euros que custa o menú, os asistentes poderán desfrutar dunha cea a base de churrasco con bebida e chocolate/café/infusión; e tamén de maxia, humor e moita música.

O programa arrancará en torno ás 20h. coa presentación e benvida a cargo do Mago Charlangas que fará de mestre de cerimonias intercalando as súas intervencións (de maxia, xogos e humor) coas actuacións musicais de Polo Horse (guitarra, harmónica e voz), Luis Moro (guitarra e voz) e Indomable (guitarra, harmónica, bombo e voz).

Artigos relacionados

Back to top button