ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima horaVídeos

Noite de concertos na Pobra de Trives

 

Como antesala da celebración das festas do San Bartolomé, a vila de Trives desfrutaba na noite do venres de dous concertos de grupos locais na céntrica praza do Reloxio. A música comezaba a soar a partir das 22h. coa actuación de Fixa Trío e, posteriomente, tomaba o relevo sobre o escanario o grupo ScaloPndras poñéndolle ritmo á noite.

Numerosas persoas seguían estas actuacións, que se desenvolvían seguindo o protocolo anticovid, e nos que os voluntarios de Protección Civil velaban por que se mantivesen as medidas de seguridade sanitarias. Ademais veciños e visitantes tamén se animaban a desfrutar da noite tomando algo nas terrazas dos establecementos de hostalaría triveses.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button