ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Noite de foliada no Ruxe Ruxe de Quiroga

Co son tradicional do grupo O Recanto de Quiroga, arrancaba a II Foliada de Quiroga na Cervexería Ruxe Ruxe desta localidade. Numerosas persoas se daban cita no local para compartir e desfrutar dunha noite de festa e música o pasado 24 de marzo. Entre aplausos, O Recanto deixaba o escenario, ao que, poucos minutos despois subían varios membros do grupo folk valdeorrés Tornaxeira, que enchían de son e melodías tradicionais o Ruxe Ruxe. Máis alá da medianoite comezaba unha foliada aberta.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button